Formulario de contacto

Teléfono de contacto (+34) 981 824 764

Correo cca@noiahistorica.org

Somos a asociación de comerciantes, empresarios e hostaleiros de Noia.
Xunta Directiva e equipo técnico traballamos para defender os intereses dos nosos asociados e conseguir, a través de diferentes actividades, dinamizar a economía de Noia.

A nosa motivación é que as empresas vendan máis.

Se queres formar parte do futuro de Noia súmate á nosa asociación.

  • Formación dirixida a cada sector
  • Información e tramitación de subvencións
  • Xestión de queixas e reclamacións ante a administración
  • Aula de informática e sala de presentacións ao servizo dos socios
  • Mínimo 6 campañas de dinamización comercial ao ano
  • Tarxeta de fidelización Noia plus
  • Web listas de agasallos
  • Revista anual Gremios
  • Coparticipación en campañas de FGC, FEB, Xunta...
  • Feiras de ocasión
  • Concursos de tapas
  • Visitas guiadas
  • Representación do sector empresarial en diferentes entidades
  • Publicidade en todos os medios
  • Patrocinios de entidades e clubs deportivos
  • Merchandising (bolsas, papel agasallo, servilletas, bolígrafos, caramelos, paraugas...)
  • Jaima de 25 m2 dispoñible para socios

Cada actuación repercute directa e indirectamente na economía de Noia e, polo tanto, nas súas empresas.

Centro Comercial Aberto
O centro comercial aberto Noia Histórica ofrece unha experiencia de compra única.

Xunto ao mar, nunha contorna histórica e patrimonial, máis de 100 tendas para mercar que abren TODOS OS DOMINGOS

Os comercios asociados forman parte deste conxunto comercial cunha marca propia e diferenciada e cun completo programa de actividades.